Un ano de voluntariado rexenerando os montes queimados

Amigos da Terra continua con novas accións de voluntariado forestal nos montes queimados de Tourón para incidir na necesidade dunha nova política forestal.

Por Galicia Confidencial | Melón | 23/11/2018 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

Amigos da Terra con estas accións, ademais de contribuír a paliar os efectos dos lumes forestais, busca promover unha sensibilización e mobilización social que faciliten os profundos cambios na política forestal, imprescindibles para reverter o problema incendiario.

Unha brigada de voluntarios actúa para restaurar os montes de Tourón, en Melón
Unha brigada de voluntarios actúa para restaurar os montes de Tourón, en Melón | Fonte: Amigos da Terra

Xa pasou un ano desde qu os voluntarios se botaran aos montes para rexeneralos logo da terrible vaga de incendios de outubro de 2017. Amigos da Terra, en colaboración co grupo local Vergasta e a CMVMC de O Tourón, continua con estas accións de rexeneración das zonas afectadas polos incendios forestais no monte comunal de Tourón (Melón). Durante  os ultimos doce meses máis de 400 persoas voluntarias viñeron colaborando en diferentes actividades de restauración e reforestación forestal.

"Tras os incendios do ano pasado 2017, as cinzas cubriron os nosos montes pero tamén prenderon as lapas do activismo forestal!!", lembra esta entidade. O 26 de novembro de 2017 empezaba a materializarse no monte de O Tourón as accións dos voluntarios. O obxectivo era "demostrar que se poden facer as cousas dun xeito diferente, rachar ca política forestal do monocultivo e da inacción".

Por iso, estes colectivos queren agradecer a implicación social da xente cunha nova xornada de voluntariado forestal con restauración de solos, repoboación especies autóctona ou recuperación de árbores danadas, así como coa erradicación de eucaliptos e mimosas. O día rematará cun xantar popular e foliada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta