Un camioneiro fuxiu tras ferir gravemente a un can guía e case atropelar ao seu dono cego

O feito tivo lugar na Estrada.

Por Galicia Confidencial | A Estrada | 23/11/2018 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

Un invidente que camiñaba na mañá deste venres pola Estrada (Pontevedra) resultou ileso tras ser golpeado por un camión que, tras o suceso, non se detivo e continuou a marcha.

Un can guía de axuda a invidentes cunha persoa cega
Un can guía de axuda a invidentes cunha persoa cega | Fonte: ser.es

Segundo a información da Central de Atención 112-Galicia, un particular alertou ás 10,30 horas de que unha persoa cega acababa de ser "golpeada" por un camión na rúa Pérez Viondi.

O alertante indicou que o afectado atopábase ben, pero que o seu can guía resultara "malferido" como consecuencia do suceso. O camión, ademais, continuou a marcha tras o incidente.

Até a zona desprazáronse efectivos de Policía Local e do servizo municipal de emerxencias da Estrada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta