Detido un condutor por matar a unha muller nun accidente tras cuadriplicar a tasa de alcol

O accidente tivo lugar na noite do sábado en Barro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2018 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

A Garda Civil detivo a un mozo de 27 anos de idade, NC. M.G, suposto responsable do choque na AP-9 no que faleceu unha muller, por superar a taxa máxima de alcol, nun sinistro que se produciu na noite do sábado ao domingo á altura de Barro (Pontevedra).

Accidente rexistrado en Boqueixón (A Coruña). GUARDIA CIVIL
Accidente rexistrado en Boqueixón (A Coruña). GUARDIA CIVIL

Segundo informou a Garda Civil, o condutor arroxou unha taxa de 1,02 e 1,01 mg/l, catro veces superior ao máximo permitido. O mozo, con domicilio en Pontevedra, foi detido e está pendente de pasar a disposición xudicial. Atribúenselle delitos contra a seguridade viaria e de homicidio por imprudencia grave. Así mesmo, intervéuselle o vehículo e o seu permiso de conducir.

ACCIDENTE

Segundo informou a Garda Civil, ás 23,24 horas tívose constancia de que había un coche envorcado con persoas atrapadas na AP-9, no quilómetro 119 en sentido Tui, á altura da localidade de Barro (Pontevedra).

Até o lugar desprazouse unha patrulla da Garda Civil, que confirmou que se trataba dun alcance dun Renault Megane a un Volkswagen Sharan, provocándolle unha saída de vía pola marxe dereita.

O 112 Galicia puxo a situación en coñecemento das 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Vilagarcía, Ribadumia e Pontevedra, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da vía.

Como consecuencia do choque, faleceu R.G., de 52 anos, veciña de Caldelas de Tui, que tivo que ser excarcerada polos servizos de emerxencia. No coche viaxaban o seu marido, que era o condutor, e o seu fillo. Ambos tiveron que ser evacuados ao hospital Domínguez de Pontevedra. Segundo puntualiza a Garda Civil, ao parecer os tres levaban posto o cinto de seguridade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta