Un incendio en dúas locomotoras interrompe a circulación ferroviaria en Ribadavia

Un incendio rexistrado en dúas locomotoras en Ribadavia (Ourense) obrigou a cortar na mañá deste martes a circulación ferroviaria neste tramo da liña Ourense-Vigo.

Por Galicia Confidencial | Ribadavia | 27/11/2018 | Actualizada ás 10:23

Comparte esta noticia

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, foi o persoal de Adif o que deu a voz de alarma ao redor das 7,30 horas, indicando que se rexistrou un incendio no quilómetro 74,3 da liña Ourense-Vigo, concretamente no tramo Ribadavia-Filgueira.

Lume ao carón das vías nas Neves
Lume ao carón das vías nas Neves | Fonte: Miguel Núñez.

Até a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros do Carballiño e do GES de Ribadavia, que traballan para extinguir as chamas. Tamén foi alertada a Garda Civil e o 061, aínda que finalmente non hai persoas afectadas.

Para os labores de extinción foi necesario cortar a electricidade das vías férreas e a circulación de trens neste punto, polo que Adif estableceu un plan alternativo de transporte por estrada para os viaxeiros afectados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta