Dous feridos nun accidente de tráfico entre un camión e tres turismos en Boiro

Dúas persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico rexistrado a última hora deste luns no municipio coruñés de Boiro, onde chocaron un camión e tres turismos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2018 | Actualizada ás 10:32

Comparte esta noticia

En concreto, segundo os datos do CIAE 112-Galicia, o suceso tivo lugar pouco antes das 20,00 horas no quilómetro 23 da AG-11, a Autovía do Barbanza, ao seu paso pola parroquia boirense de Crespóns e en dirección A Coruña. Tratouse dunha colisión por alcance.

Garda Civil
Garda Civil

Até a zona foron mobilizados efectivos da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, de Protección Civil e persoal de control da autovía, así como facultativos do 061, que trasladaron a dúas persoas feridas a un centro hospitalario.

Para completar o operativo e limpar a calzada foi necesario interromper o tráfico no carril afectado, pero, unha vez concluído, a circulación quedou restablecida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta