Temas: FRASEOLOXíA

“¡Que tal es!”, equivalente a “¡mira que es!” ou “¡como es!”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Santiago de Compostela | 01/12/2018 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

Cando queremos enfatizar ou remarcar que unha persoa –sobre todo aquela coa que estamos a falar– se comporta dun determinado xeito, e normalmente cunha precisa intención, que nos chama a atención nalgún sentido que entendemos que sae fóra do normal, podemos usar expresións do tipo de ¡como es! ou ¡mira que es! Mais non deberiamos esquecer que tamén temos unha moi nosa que, de igual xeito a como diciamos no anterior artigo respecto de quen lle dera, en tempos non moi afastados mesmo había xente que a usaba cando quería falar en castelán e hoxe en día está a perder cada vez máis peso en favor destoutras dúas que cadran coa lingua castelá: falamos da expresión ¡que tal es!

Miralda Rochat. Deseño do maquillaxe corporal por Serge Diakonoff. Rochat, principal colaboradora de Diakonoff, traballa igualmente como fotomodelo das caracterizacións do artista
Miralda Rochat. Deseño do maquillaxe corporal por Serge Diakonoff. Rochat, principal colaboradora de Diakonoff, traballa igualmente como fotomodelo das caracterizacións do artista | Fonte: Fotografía: Serge Diakonoff

¡(Pero) (Tú también) Cómo eres! && ¡(Pero) (Tú también) Mira qué eres!

{= Expresión con que se enfatiza ou remarca que unha persoa –sobre todo se se trata daquela coa que estamos a falar– se comporta dun determinado xeito, e normalmente cunha precisa intención, que nos rechama nalgún sentido que entendemos que sae fóra do normal.}

¡(Pero) (Ti tamén) Que tal es!

¡(Pero) (Ti tamén) Mira que es!

¡(Pero) (Ti tamén) Como es!

Ex.: —Oye, Isabel… pero me han dicho que te has echado novio. —¡Pero mira qué eres!: deja tranquila a la niña, hombre, que eso no es cosa tuya.

—Oíches, Isabeliña… pero algo escoitei por aí de que botaras mozo. —¡Pero ti tamén que tal es mira que es como es!: deixa tranquila a nena, que iso non é cousa túa.

NOTAS:

1. Obviamente, o suxeito da expresión pode variar, de aí que non teña por que ser unha segunda persoa singular. Exs.:

¡Pero cómo son!: solo le llevan la contraria para ponerlo de mala sangre.

¡Pero que tal son!: só lle levan a contra para o faceren rabiar.

¡Pero mira qué sois!: ¡no la molestéis más, hombre, que aún acaba de llegar!

¡Pero que tal sodes!: ¡non a molestedes máis, home, que inda acaba de chegar!

2. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta