Unha marcha reivindicará "a terra" este sábado en Touro, fronte ás "políticas destrutivas" da Xunta

A mobilización, que partirá ao mediodía, tamén se dirixe contra a "estafa eléctrica".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/11/2018 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

Unha marcha reivindicará "a terra" este sábado en Touro (A Coruña), fronte ás "políticas destrutivas" que as Marchas da Dignidade e a plataforma veciñal en contra da mina atribúen á Xunta e ao sistema capitalista.

Marchas da dignidade e Plataforma nina de Touro non
Marchas da dignidade e Plataforma nina de Touro non | Fonte: Europa Press

Un dos portavoces das Marchas da Dignidade e integrante do sindicato CUT, Manolo Caamaño, explicou este mércores na praza do Obradoiro que o obxectivo deste colectivo ao convocar esta marcha é "sumar" forzas ao redor dos "focos de loita social e veciñal" contra as "temáticas que golpean ás clases traballadoras".

Así, 'en defensa da terra' e en contra da 'estafa eléctrica', a manifestación partirá o sábado ás 12,00 horas desde as aforas de Touro e avanzará cara ao centro da localidade. Caamaño advertiu do "impacto" que a reapertura da explotación mineira tería para Touro e O Pino pero tamén para toda a contorna, até a ría de Arousa.

Así, mostrou a súa "solidariedade a morte" cos veciños que "loitan" contra o reinicio da actividade e tamén cos mariscadores que, de acordo coa súa información, poderían verse afectados.

"NON SOMOS NINGUÉN"

"Sen terra non somos ninguén", subliñou este portavoz, antes de apelar "ao país con conciencia" e aos "homes e mulleres dignos" para que secunden a marcha do sábado. Xunto a el, outros portavoces das Marchas da Dignidade remarcaron que esta mobilización se dirixe contra un "modelo" que non comparte e tamén contra as "clases poderosas".

Está previsto que á manifestación acudan veciños doutras localidades, para o que serán fretados autobuses desde distintos puntos de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta