Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2018 | Actualizada ás 13:35
Un veciño que paseaba pola zona atopou na mañá deste xoves nunha praia de Camariñas o cadáver do mozo veciño da contorna de Santiago que desapareceu hai un mes mentres pescaba nesta localidade coruñesa.
Segundo confirmou a alcaldesa da localidade, Sandra Insua, foi un veciño que daba un paseo o que atopou o corpo sobre as 10,15 horas deste xoves na Cala do Pindo, na zona de Portocelo.
O achado prodúcese ao día seguinte de que se cumprise un mes da desaparición do mozo, ao que se perdeu a pista o pasado 28 de outubro, mentres pescaba con cana nas proximidades da Ermida da Virxe do Monte acompañado dun grupo dunhas 50 persoas.
A alcaldesa, que se atopa no lugar do achado, confirmou que até a zona desprazáronse membros da Policía Xudicial da Garda Civil, da Policía Local e autoridades xudiciais para proceder ao levantamento do cadáver, así como familiares do mozo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.