BNG, ERC e Bildu ultiman os detalles para unha candidatura conxunta ás eleccións europeas

O Bloque ten o obxectivo de lograr de novo representación cun escano rotatorio, se non se consegue alcanzar de forma directa o posto no Parlamento Europeo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2018 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

As próximas eleccións europeas contarán, previsiblemente, cunha candidatura de BNG, ERC e EH Bildu, que ultiman detalles dunha lista conxunta para a cita de maio, os cales se abordarán nunha reunión que terá lugar este venres en Santiago de Compostela.

Ana Miranda. Europa Press - Archivo
Ana Miranda. Europa Press - Archivo | Fonte: Europa Press

Fontes consultadas por Europa Press ratificaron a intención de pechar unha lista liderada por este tres formacións políticas que deixaría fóra aos independentistas cataláns da dereita e o que suporía un cambio con respecto a maio de 2015, cando EH Bildu e BNG se aliaron na lista 'Os Pobos Deciden', mentres que os cataláns uniron forzas pola súa conta.

Estas mesmas fontes explicaron que "levan meses con varias reunións" para tratar de organizar esta candidatura, na que o BNG ten o obxectivo de lograr de novo representación cun escano rotatorio, se non se consegue alcanzar de forma directa o posto no Parlamento Europeo.

Así, os nacionalistas galegos entenden que, no contexto actual, é "necesario que se unan o tres nacións fronte ao Estado que as nega".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 anonimo

a) eu non son españoleiro; b) un miniestado galego " teóricamente" independente sería una ruina, cun país avellentado, imposible de pagar pensións. Xa podes argallar o que sexa, que a " maravillosa" independencia é un conto chino.

4 Vividordoeuroparlamento

Que ben se come en Bruselas.

1 Doente

Buah tío, que listo es. Flipo.Pena que sexa ela e non ti, a que si?

3 anonimo

"Carcere de pobos" " Opresora e tiránica" " Liberación de nacións". todo eso é retórica valeira. Sen un estado central que garanta solidaridade, simplemente, Galicia o ía ter moi difícil para pagar as pensións. Unha serie de " miniestados" tipo antigua Igoeslavia, por moi supostamente " liberados" que estiveran, non é unha alternativa. Menos panfletiños inxenuos de nivel de fai cincuenta anos.

1 Aburridos

Perfecto. Deixamos o que ti chamas "panfletiños inxenuos" se ti deixas "as chorraditas cuñadas que non se apoian en nada certo" (pensións? que falas se non hai estado en madrí que poida pagala? solidariedade co dumping fiscal? Co espólio enerxetico? cos atrancos á producción alimentar? co desleixo na xestión de portos? co atraco organizado ó aforro galego?) . Hai trato? Os españoloides sodes ben aburridos

2 Contos non

Aburridos: el problema es que los nos expolian son todos bien gallegos: Los baltares, cuiñas, cacharros, gayosos, reinosos, pontonas, romays, caballeros,... Gente que considera Galicia como su cortijo, y que claro, no quiere competencia de fuera, en la más rancia tradición caciquil y feudal de Pardo de Cela.

2 comunista independentista

Pobre muller. As penurias que lle ten pasar polos delirios e os bandazos dos coroneis. Agora non só vai ter que levarlle os cafés ao de Bildu, senón tamén aos 4 ou 5 que saque a Esquerra. Máis curre.

1 comunista de Botín

Agora mesmo están levándolle os cafés a ela. Que tal a vosa cruzada contra as vacinas

1 union nacionalista si

ogalla se unisen outros partidos coma pnv e partido demócrata catalán, expaña e un-ha carcere de pobos, o mellor que pode pasar e que expaña desapareza, as nazons deben liberarse CANARIAS, andalucia, EUSKADE, castela, PAISOS CATALANS e Galiza... expaña non e boa e opresora e tiranica... por favor xunte forzas contra os de sempre os sinvergonzas de izquierda la unidad e os PEPEIROS!!!!