Temas: PSDEG PORRIñO

A alcaldesa do Porriño, absolta do delito de falsidade documental

Os feitos polos que foi xulgada remóntanse a 2014, cando García de la Torre exercía como avogada e defendeu a un grupo de veciños de Tui nun preito contra unha promotora

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 29/11/2018 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

O xulgado do Penal número 1 de Pontevedra absolveu a Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño (Pontevedra), dos delitos de falsidade documental e deslealdade profesional no exercicio da súa profesión como avogada, polos que foi xulgada a pasada semana.

Eva García de la Torre
Eva García de la Torre | Fonte: Facebook.

Os feitos polos que foi xulgada remóntanse a 2014, cando García de la Torre exercía como avogada e defendeu a un grupo de veciños de Tui nun preito contra unha promotora. A Fiscalía acusouna de falsificar un documento relacionado coa execución dunha sentenza nese procedemento, así como dun delito de deslealdade profesional, e pedía para ela dous anos e medio de cárcere, multa e inhabilitación para cargo público e para o exercicio profesional.

O xuíz considera probado que García da Torre fixo chegar aos seus clientes un documento "falso" elaborado por ela ou por alguén que seguía as súas indicacións, pero considera que non hai delito porque o documento non chegou ao "tráfico mercantil", senón que quedou no ámbito privado da relación entre avogada e cliente.

Cando se coñeceu a apertura de xuízo oral contra ela, Eva García da Torre, que sempre defendeu a súa inocencia, pediu a baixa voluntaria do PSdeG, aínda que non renunciou ao seu cargo como rexedora.

Temas: PSDEG PORRIñO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta