Máis de corenta participantes de seis nacionalidades estarán no I Concurso de Canto 'Compostela Lírica'

O Teatro Principal será o escenario que acolla a celebración deste certame.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2018 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago organiza o I Concurso de Canto 'Compostela Lírica', cuxo obxectivo é o fomento dos novos talentos ao estar destinado a solistas de calquera tonalidade de entre 18 e 35 anos.

Catedral de Santiago de Compostela
Catedral de Santiago de Compostela

Co patrocinio da Dirección Xeral de Políticas Culturais da Xunta, a Deputación da Coruña, o Concello de Santiago e a Universidade de Santiago, no concurso concorrerán un total de 45 participantes, procedentes de España, Rusia, Bosnia, Estados Unidos, Romanía e Portugal, para disputarse dous galardóns que contan con dotación económica.

Deste xeito, o certame conta cun primeiro premio de 3.000 euros e un segundo de 1.000 euros. Ademais, os dous gañadores contarán cun recital remunerado que se celebrará en datas aínda por determinar no Teatro Principal de Santiago.

O Principal será o escenario que acollerá a celebración do concurso, que se dividirá en dúas sesións abertas ao público o sábado 8 de decembro ás 18,00 horas e o domingo 9 de decembro ás 19,00 horas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta