Feijóo: "Os galegos nunca eliximos entre Galicia e España"

O presidente galego xa está en campaña electoral de cara ás municipais. Nun acto en Tomiño acusou de "sectarismo" ao PSOE e as forzas que apoiaron a moción de censura socialista contra Mariano Rajoy. Insta a non votar "nunca a un partido que mente".

Por Galicia Confidencial | Tomiño | 01/12/2018 | Actualizada ás 21:28

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, advertiu este sábado que os pactos entre partidos que non gañan eleccións xeran "parálises" e "sectarismo" e reivindicou o "Goberno que goberna en Galicia" como exemplo de xestión de cara aos próximos comicios municipais de 2019.

Alberto Núñez Feijóo, en Tomiño (Pontevedra), no acto de presentación de Esteban González como candidato del PP á alcaldía
Alberto Núñez Feijóo, en Tomiño (Pontevedra), no acto de presentación de Esteban González como candidato del PP á alcaldía | Fonte: EP.

Nun acto celebrado en Tomiño (Pontevedra), de presentación de Esteban González como candidato do PP á alcaldía, que nas tres últimas lexislaturas estivo en mans do BNG, Feijóo instou a non votar "nunca a un partido que mente".

"Que non goberne un partido que gaña as eleccións é igual a parálise, división, confrontación, igual a sectarismo", remarcou, nunha intervención na que reivindicou que "aos concellos de Galicia e aos seus veciños vénlles moito mellor un goberno como o de Galicia que un desgoberno como o de España".

Feijóo cargou contra un executivo central "sometido" a quen apoiou a súa moción de censura, "ao ditado de Podemos e en débeda permanente con nacionalistas e independentistas".

E ampliou as súas críticas aos gobernos das comunidades nas que o socialismo se apoia nos mesmos socios e aos dos municipios nos que o nacionalismo e o populismo "poñen" ou quitan alcaldes.

Fronte a isto, destacou que "en Galicia si hai un goberno que goberna", con referencias ao proxecto do PP en Galicia, ás iniciativas aprobadas no Consello da Xunta e que promove o crecemento, defendeu, de infraestruturas, oportunidades e servizos.

"E exercemos o noso deber cos veciños e non con ningún socio que só busca o seu propio interese partidista", agregou o líder do PPdeG.

DEFENSA DA CONSTITUCIÓN

Nos días previos ao 40 aniversario da Carta Magna, o líder dos populares galegos reiterou que "o Partido Popular está na defensa da Constitución, de principio a fin". "É a defensa da unidade da nación, a igualdade de todos os españois e o Estado das Autonomías", puntualizou.

Para Feijóo é o Partido Popular o que pon en valor o que une e non o que agranda as diferenzas e quen ten unha idea global de España e unha idea propia de Galicia. "Os galegos nunca eliximos entre Galicia e España. Non o permitimos nunca aos que querían renunciar a España e non o imos a facer tampouco a quen pretende que renunciemos a Galicia", puntualizou.

O líder dos populares galegos aproveitou tamén para reivindicar o valor e a importancia do PP para a transformación de Galicia, por saber conectar coa maioría dos galegos e contribuír ao progreso.

Para as próximas eleccións municipais, Feijóo apelou á unidade e enxalzou o traballo do PP "a favor do Concello, do progreso ou do benestar e non en contra doutros, como principal obxectivo".

O líder dos populares galegos enxalzou ao candidato á alcaldía de Tomiño fronte a "os que gobernan só para unha minoría; ante os que se preocupan máis por pedir referendos de independencia, que non queren nin os galegos nin os tomiñeses; e ante os que hai tempo que xa non escoitan a quen precisamente deben servir e representar".

Tras o acto en Tomiño, o presidente do PP galego asistiu á presentación de Paula  Brouzós, candidata á alcaldía de Gondomar. Avogou por que o concello recupere a ilusión, comprometendo "unidade e compromiso", "ante as pelexas dos outros partidos, ante a xordeira e a cegueira dos que gobernan", porque "os veciños de Gondomar están fartos de que as súas reivindicacións caian en saco roto".

Posteriormente, Feijóo asistiu a unha comida de nadal con afiliados e simpatizantes en Mos, na que defendeu que o concello avanzou grazas ao actual Goberno, liderado polo PP.

"Se Mos apoiou a Nidia Arévalo é porque escoita e responde as súas reclamacións; porque practica unha política de feitos en lugar de xestos, e porque o Concello é a súa prioridade", recalcou. .

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

5 Liberta

Feijóo es incapaz de reprimir sus tics liberticidas y se empeña en querer hablar por todos los gallegos, le hayan votado, o no. O aún peor: cree que los que no le votan no merecen ser gallegos. Aquí lo teneis: habla por todos, dice lo que pueden escoger o no, y reparte carnets de gallegos. El amigo de los totalitarios respaldado por la prensa lacaya.

4 Vaipracasa

non, oh, uns sempre miran á España como "FakeJoo"

3 uu1

O senhor Feijoo escolheu esquecer-se de Galiza. Catelao escolheu a Galiza com todos os direitos para se federar com os demais povos da Hespanha.

2 Sentidiño

Os galegos do PP. Porque eu si escollo, escollín hai moitos anos.

1 José

Así nos vai..., pero un día vaiseche acabar o conto e os galegos escolleremos mandarte pa tua querida España

1 Chico Percebe

Perdón, ya está en España. Y a la vista de los resultados electorales en nuestra región desde hace décadas, espero que se quede en Galicia (España) mucho tiempo más. Sobre todo viendo la "oposición" de la que disfruta: comunistas, independentistas, nacionalistas resentidos y un Psoe que se arrima a ellos a ver si rasca algo. Cuando un partido obtiene más votos que todos los demás juntos....

2 Eu mesmo

Home en Espanha estivo sempre xa que Galiza lle importa unha merda. Galiza non é unha rexión. Que manía tedes os feixistas de desprezar sempre á oposición e aos seus votantes, que ten de malo se comunista, nacionalista ou independentista? Penso que é bastante peor ser herdeiro do franquistmo.