Lalín acolleu un campionato de caza con aves a fin de semana

O concello e a Sociedade de Pesca e Caza de Lalín apoiaron este evento no que participaron unha vintena de persoas.

Por Galicia Confidencial | Lalín | 04/12/2018 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

Lalín acolleu o pasado sábado un campionato de Cetraría, unha modalidade de caza utilizando aves, que contou co apoio do concello da localidade e a Sociedade de Pesca e Caza.

“A pesar de que ao principio o afrontabamos con inquietude en canto a participación, resultounos moi gratificante observar que superamos as nosas previsións”, apuntan os organizadores desta competición na que participaron arredor dunha vintena de persoas.

Neste tipo de competicións utilízanse aves de presa, principalmente, falcóns, corvos africanos, aguia Harris, bufos e mesmo cernícalos americanos, para dar caza a outros animais. Con todo, os participantes nestes evento destacan que estes animais non fan unha caza masiva, xa que, por exemplo, o falcón sempre abate o animal máis débil. Noutras ocasións, utilizanse bonecos que simulan presas.

Esta xa é a segunda competición en menos de tres semanas que ten lugar na comarca. O pasado 19 de novembro tivo lugar a Festa da Caza en Rodeiro, na que ademais de competición de caza, houbo exhibición de cetrería.

Campionata de caza de cetrería celebrado en Lalín
Campionata de caza de cetrería celebrado en Lalín | Fonte: galegadecetrería

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 anonimo

Os concellos non teñen competencias para prohibir as salvaxadas estas da caza.

1 E isto?

Como Cuíña permite campionatos de caza no concello. Manda caralho!, e que llelo permitan os do BNG que gobernan con el xa ten máis ....