Unha muller é trasladada ao CHUAC despois de ser atropelada en Culleredo

Os feitos ocorreron no lugar de Corveira sobre as 18:30, na Avenida de Vilaboa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2018 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

Unha muller resultou ferida este martes en Culleredo ao ser atropelada nun paso de peóns e foi trasladada polos efectivos sanitarios ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Vehículo da Garda Civil. GUARDIA CIVIL
Vehículo da Garda Civil. GUARDIA CIVIL

Os feitos ocorreron no lugar da Corveira, uns minutos antes das 18,30 horas, segundo a información da que dispón o 112. Varios particulares alertaron do atropelo e indicaron que sucedera na Avenida de Vilaboa.

A partir de aí, os xestores do 112 puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local, de Protección Civil e dos Bombeiros de Arteixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta