Como aprender a través da música tradicional

Afundación presenta o concerto didáctico O máxico planeta dos instrumentos insólitos na que participarán un milleiro de escolares.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/12/2018 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

Que nenas e nenos emprendan unha marabillosa viaxe a través dos diferentes ritmos e melodías da música popular española. Transmitíndolles valores sobre a reutilización, a loita contra a pobreza, a imaxinación e a importancia de coñecer as nosas tradicións, usando algúns dos instrumentos máis incribles da historia da música como o violín trompeta, a serra musical, o á de voitre, o theremin ou a frauta cadeira de cámping. 

Dous mozos pandeireteiros e cantareiros na feira
Dous mozos pandeireteiros e cantareiros na feira

Ese é o obxectivo da nova proposta teatral de Fetén Fetén, O máxico planeta dos instrumentos insólitos, da man de Diego Galaz e Jorge Arribas, nomeados músicos internacionais. Con esta nova proposta, Afundación desenvolve unha actividade na que o coñecemento das expresións culturais tradicionais e o valor da música como código de aprendizaxe danse a man nunha entretida obra de teatro. Foméntase, desta forma, a conxunción dunha proposta de carácter lúdico cun consistente fondo didáctico, en consonancia cos principios que marcan as actividades para escolares de Afundación. 

Este espectáculo terá lugar este mércores 5 de decembro, en dúas funcións ás 10.00 e ás 12.00 h, no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela e contará coa asistencia de case 1000 escolares procedentes de centros de Santiago e arredores.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta