Unha xuíza de Segovia investiga unha denuncia de violación da irmá de Diana Quer

Os feitos teríanse producido cando era menor de idade.

Por Europa Press / Redacción | VALLADOLID | 05/12/2018 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución único de Sepúlveda(Segovia) tramita unha denuncia de violación presentada por Valeria Quer, a irmá pequena de Diana, a moza que desapareceu o 22 de agosto de 2016 no municipio coruñes da Pobra do Caramiñal e por cuxo asasinato está encarcerado José Enrique Abuín, alias 'O Chicle'.

Diana e Valeria Quer nunha imaxe de hai varios anos
Diana e Valeria Quer nunha imaxe de hai varios anos | Fonte: FB

Segundo unha infomarción que publica 'El Norte de Castilla' e recollida por Europa Press na súa edición deste mércores, 5 de decembro, a presunta agresión sexual produciuse cando Valeria aínda era menor de idade.

Fontes próximas á investigación indicaron este martes que, ao parecer, a moza viaxaría á provincia de Segovia desde a súa residencia en Madrid xunto a un amigo. Nun momento determinado, parou o vehículo nunha paraxe da comarca sepulvedana, situada a uns 65 quilómetros da capital segoviana, e agrediría sexualmente á moza.

A instrutora de Sepúlveda, que leva un par de anos á fronte doxulgado, ordenou máxima discreción ao persoal "para tentarevitar filtracións que precipiten a indeseada avalancha mediática".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta