O avogado de Rosendo atribúe a excarceración a que a condena non sería superior aos catro anos

Terá que comparecer cada 15 días e terá "prohibido" saír do territorio español.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 05/12/2018 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

O avogado de Miguel Rosendo, Marcos García Montes, confirmou a Europa Press que o líder dos 'Miguelianos' sairá esta mesma tarde da prisión de Teixeiro, e que mesmo podería facelo "ao mediodía".

F. Miguel Rosendo nunha imaxe da páxina da Orden /grupodesanmiguelarcangel.org Miguel Rosendo Dasilva /grupodesamiguelarcangel.org
F. Miguel Rosendo nunha imaxe da páxina da Orden /grupodesanmiguelarcangel.org Miguel Rosendo Dasilva /grupodesamiguelarcangel.org

Montes atribúe o ditame de liberdade provisional da Audiencia Provincial de Pontevedra a que a condena non sería superior aos catro anos de prisión que Rosendo cumpriría o próximo 11 de decembro. O avogado cualificou de "éxito" esta decisión da Audiencia e sostivo que "as maxistradas foron moi consecuentes e moi estudiosas sen ningún tipo de presión social" á hora de tomar esta decisión.

Segundo confirmou o TSXG, Rosendo quedará en liberdade provisional á espera da sentenza, terá que comparecer cada 15 días e terá "prohibido" saír do territorio español. Para Montes, no xuízo víronse "as mentiras e patrañas" e saíron de maneira "clarísima e impoluta" moitas cousas que non apareceron na fase de instrución, que para el foi "nefasta".

O letrado avanzou a Europa Press que esixirá "responsabilidades" unha vez se coñeza o ditame, que espera sexa "absolutorio" porque "se fose unha sentenza condenatoria a unha pena superior a catro anos denegarían a liberdade provisional".

Neste sentido, Montes opinou que a sentenza non estará redactada até "o mes de xaneiro" pola súa "complexidade". Así mesmo, informou de que a familia de Miguel Rosendo e tres sacerdotes ligados á extinguida Orde e Mandato de San Miguel Arcángel estarán esperándoo ás portas da prisión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta