O delegado do Goberno en Galicia apoia reformar a Constitución, pero con consenso

Javier Losada rexeita que se poida falar de "eutanasia" da Carta Magna e argumenta que o "inmobilismo" é "o primeiro inimigo das democracias que queren mellorar".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 05/12/2018 | Actualizada ás 18:09

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, pediu consenso para reformar a Constitución "e seguir avanzando", durante a súa intervención no acto conmemorativo dos 40 anos. Ademais, rexeitou que se poida falar de "eutanasia" da Carta Magna.

Javier Losada en conmemoración 40 anos Constitución. DELEGACIÓN DEL GOBIERNO
Javier Losada en conmemoración 40 anos Constitución. DELEGACIÓN DEL GOBIERNO | Fonte: Europa Press

Ante un cento de convidados —con presenza, entre outros do rexedor da Coruña, Xulio Ferreiro; o delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro; o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Miguel Ángel Cadenas—, Losada reivindicou unha Constitución "que segue atendendo ás demandas do presente".

Con todo, considerou que a sociedade española "non está polo inmobilismo", do que dixo que é "o primeiro inimigo das democracias que queren mellorar". Por ese motivo, mostrou o seu apoio a introducir reformas na Constitución, pero apelando ao "consenso" para abordalas.

Losada aproveitou tamén a súa intervención para defender a moción de censura que levou a Pedro Sánchez á Presidencia do Goberno, incidindo en que esta ten cabida na Constitución. Por iso, rexeitou que a citada moción se poida cualificar de "disparate constitucional", en referencia ás críticas efectuadas no seu momento polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

No seu discurso, rexeitou, así mesmo, que se poida falar de "eutanasia" da Constitución, despois de que o BNG considerase que deba darse "por morta". Mentres, defendeu a liberdade de ideas, "pero dentro do marco constitucional".

"Ninguén pode arrogarse o dereito de repartir carnés constitucionalistas", expuxo tamén fronte as críticas do PP á posibilidade de acometer reformas. "A vontade do Goberno é seguir avanzando", insistiu Losada, quen avogou por traballar para mellorar a "cooperación" entre as administracións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 uu1

Eu não quero cambia-la porquê de seguro vai ser para pior, bem, mais centralista, menos direitos para as línguas minoritárias, etc. Eu quero que se cumpra. “2. As OUTRAS LINGUAS españolas serán tamén OFICIAIS nas respectivas comunidades autónomas de acordo cos seus estatutos.”, e que o status de oficial da língua galega tenha no reflexo do direito a poder usar a língua em todos os âmbitos, judicial, televisivo, cultural, etc.