Feijóo prefire reformar a lei electoral antes que a Constitución

O presidente da Xunta mantén que goberne o máis votado e di ao PSOE que se aceptase cambiar xa a norma, "o PP non debería encabezar o Goberno en Andalucía".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2018 | Actualizada ás 20:23

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, reafirmouse este mércores, pese ao contexto aberto en Andalucía no que os populares reivindican un Executivo liderado por Juan Manuel Moreno aínda non sendo o PP a formación máis apoiada polos cidadáns, en que a súa opinión é que debe gobernar "o máis votado".

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, após o Consello. ANA VARELA/XUNTA / Europa Press
Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, após o Consello. ANA VARELA/XUNTA / Europa Press

"Seguimos pensando e sigo pensando que o partido máis votado ten que ser o que lidera os gobernos", sentenciou Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, na que urxiu, como condición para ser consecuente coa lema do máis votado, a reforma da lei electoral. Ao seu xuízo, é "máis importante" cambiar esta norma que a Carta Magna.

E é que o líder do PPdeG insistiu en que el, "sen dúbida", mantén a súa defensa de que debe ser a lista máis votada a que goberne, pero lembrou que, para garantilo, é preciso acometer unha modificación da norma electoral á que o resto de partidos, incluído o PSOE, se opuxeron.

Nesta conxuntura, advertiu que o que non poden pretender o resto de formacións políticas é que o PP non xogue no "taboleiro" que, a día de hoxe, está sobre a mesa. Non en balde, lembrou que os populares pediron recentemente modificar "por terceira vez" esta lei.

De feito, o presidente manifestou que, "se o PSOE aceptase modificar de forma inmediata" a lei electoral para que a directriz de que goberne o máis votado estea en vigor nas próximas eleccións municipais e autonómicas, o PP "non debería encabezar o Goberno de Andalucía, comunidade na que os socialistas, con Susana Díaz á fronte, foron os que obtiveron máis apoios dos cidadáns.

"Pero non podemos xogar no taboleiro socialista, uns cumprindo e outros impedindo cumprir as regras que eles mesmos poñen", apostilou.

"CAMBIARÍA A POLÍTICA ESPAÑOLA PARA MELLOR"

Dito isto, Feijóo reafirmouse en que o feito de que goberne o máis votado cambiaría a política "española para mellor". "Sería moi bo para Galicia e para España", proclamou, antes de esgrimir que se evitaría, por exemplo, que o país puidese ter como presidente a unha persona "que perdeu todas as eleccións ás que se presentou".

"Volveriamos restaurar a confianza nas institucións", sinalou, convencido de que se impediría unha interpretación "desleal" da lei que dea pé a que "populistas e partidos independentistas" decidan "a política nacional" e "teñan secuestrado" ao presidente do Goberno, en alusión aos apoios nos que se sustentou o socialista Pedro Sánchez.

ORZAMENTOS EN XANEIRO: "UN NOVO TITULAR"

Por outra banda, sobre o anuncio de Sánchez de que presentará os orzamentos en xaneiro, o presidente galego declarouse, en ton irónico, "incapaz de facer unha reflexión respecto diso" dados os cambios de postura o xefe do Executivo central.

De feito, mostrouse convencido de que o líder socialista necesitaba só "un novo titular" despois o "afundimento" do partido en Andalucía, onde gobernaba historicamente, polo que restou importancia ao contido do mesmo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Fobos

O desprezo de feijóo cara o xogo parlamentar e as regras esenciais é abraiante. Ha de coidar que o receptor desa mensaxe pervertida que lanza está mermado psiquicamente, porque se non, non se explican estas baladroandas. Ben, si se sabe: coa prensa adicta, coma La V0z de g4lic14.

3 lóstrego

Non se vota para gobernar, senón para elexir aos representantes de cada partido; e logo parlamentase para poder chegar a un acordo de goberno. É o abc democrático. Se se pervirte tal e como quere este señor, con que lexitimidade goberna a lista máis votada cun 40% de abstención?

2 Gamela

O BNG estará contento, igual chegan a un acordo en Galicia? http://www.parlamentodegalicia.es/s...

1 uu1

Totalmente em desacordo, a proposta de Feijoo só levaria a polarização porque obrigaria a concorrer em coalisões onde o mais extremista seria o que levaria a voz cantante. Ao PP não lhe gosta o jogo parlamentar. Que proponham uma segunda volta com as duas formações mais votadas.