Un ciclista resulta ferido grave tras caer ao cruzárselle un can en Cambados

Un vehículo sufriu un sinistro ao saírse da vía e caer por un terraplén na Pobra do Brollón.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/12/2018 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

Unha caída provocou lesións graves este xoves a un ciclista que circulaba polo lugar de Laxes, na localidade pontevedresa de Cambados, segundo informa o 112.

Atropelo a ciclista en Pontevedra
Atropelo a ciclista en Pontevedra

O 112 rexistrou o accidente pouco antes das 10,00 horas após recibir a chamada dun particular que pedía asistencia médica urxente para o ciclista, ao que se lle cruzou un can e caeuse ao chan.

Como consecuencia do golpe, o home sufriu importantes lesións nunha perna, segundo apunta o 112, que sinala que posiblemente estea fracturada. Foi pedida a colaboración do 061, que evacuou ao ferido ao Hospital do Salnés, e a dos axentes da Policía Local para determinar as causas do accidente.

CAÍDA NA POBRA DO BROLLÓN

Por outra banda, un vehículo sufriu un sinistro ao saírse da vía e caer por un terraplén cando circulaba pola N-120 na Pobra do Brollón (Lugo). A condutora saíu do coche polos seus propios medios e, aínda que recibiu asistencia médica, o seu estado non reviste gravidade, segundo indica o 112.

Este suceso produciuse ás 11,30 horas no lugar de Barxa de Lor, punto ao que acudiron os bombeiros de Monforte, que descartaron intervir en canto comprobaron que a condutora estaba fóra do vehículo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 BenxamiM

Barxa de Lor (Barxas de Lor, non)