A Xunta solicita á Unión Europea o mantemento dos fondos para Galicia a partir de 2021

Actualmente Galicia recibe un tratamento preferente por saír por primeira vez do grupo de rexións menos desenvolvidas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/12/2018 | Actualizada ás 17:49

Comparte esta noticia

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta, Jesús Gamallo, solicitou este xoves o mantemento dos fondos para Galicia a partir de 2021.

Jesús Gamallo. XUNTA
Jesús Gamallo. XUNTA | Fonte: Europa Press

Fíxoo durante a 132ª sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións, ao comezo, durante un debate sobre o futuro da política de cohesión no que participou a comisaria Corina Cretu.

Na actualidade, Galicia recibe un tratamento preferente por saír por primeira vez do grupo de rexións menos desenvolvidas e Gamallo expuxo que o mantemento dos criterios de repartición propostos pola Comisión Europea sería, a xuízo da Xunta, contrario á esencia da política de cohesión.

Xunto a Galicia veríanse afectadas por esta situación outro oito rexións europeas. O director xeral subliñou que corrixir esta "inxustiza"; segundo os seus datos, suporía un 0,01 por cento do orzamento total dedicado a este ámbito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pitito

Si que manteñan as axudas, senon que vai ser da prensa galega que subvenciona a Xunta..., porque fora dela e tres amiguetes mais, e vista a actual vaga migratoria, non parece que crearan moito emprego no pais, non si?