A muller que sufriu un disparo da súa exparella no Grove recibe a alta

A vítima tivo que ser operada para extraerlle unha bala. O presunto agresor segue "sedado e entubado" no hospital Álvaro Cunqueiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2018 | Actualizada ás 12:28

Comparte esta noticia

A muller que supostamente recibiu un disparo da súa exparella este mércores no Grove (Pontevedra) recibirá a alta hospitalaria na mañá deste venres, mentres que o presunto agresor permanece "sedado e entubado" no hospital.

Posible caso de violencia de xénero no Grove (Pontevedra). Jesús Fernández - Europa Press
Posible caso de violencia de xénero no Grove (Pontevedra). Jesús Fernández - Europa Press | Fonte: Europa Press

Así o confirmou este venres a Europa Press a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba. A muller permanecía ingresada desde este mércores no Hospital Montecelo de Pontevedra, onde foi operada para extraerlle unha bala.

Pola súa banda, a subdelegada indicou que o presunto agresor segue "sedado e entubado" no Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo, á espera de que o seu estado permita a súa detención, confirmaron fontes da investigación.

O home disparouse o mércores dous tiros na cabeza cunha arma de calibre 22, feito polo que tamén foi intervido cirurxicamente e polo que permanece entubado en coma inducido.

A subdelegada confirmou este xoves que o presunto agresor "non tiña permiso de armas" e contaba cunha orde de afastamento da muller. O home vivía en Ourense e ela no Grove;  e ambos, cunha relación sentimental desde había uns 20 anos, teñen en común unha filla menor de idade.

Este venres, o Concello do Grove convocou unha concentración para expresar a repulsa contra a machista. Estaba prevista para as 12,00 horas fronte á Casa Consistorial da localidade, onde sucederon os feitos o mércores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta