Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/12/2018 | Actualizada ás 11:28
Unha muller tivo que ser evacuada esta noite en Teo (A Coruña) por mor das queimaduras na cara provocadas polo estalido dunha botella con amoníaco e lixivia. Segundo informa o 112, o suceso ocorreu nun domicilio da Travesía de Cacheiras pouco antes das 20,30 horas do venres.
Até o lugar desprazouse unha dotación do 061-Urxencias Sanitarias para atender á muller, que presentaba diversas queimaduras no rostro. Ademais, a consecuencia da deflagración, os vapores resultantes encheron a habitación, polo que houbo que desaloxar a vivenda e ventilar.
Nestes traballos participaron Protección Civil de Teo e o GES da Estrada, que se desprazaron até o lugar tras recibir a alerta do 112. Deste xeito, unha vez a vivenda estivo ventilada, comprobaron, mediante mecanismos de medición, que os índices de osíxeno volvían ser normais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.