Dúas persoas rescatadas en senllos accidentes en Cualedro (Ourense) e Muros (A Coruña)

O 112 rexistrou na noite deste sábado dous accidentes nos que foi necesaria a intervención dos equipos de excarceración para a liberación dos ocupantes.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/12/2018 | Actualizada ás 11:05 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O 112 rexistrou na noite deste sábado dous accidentes nos que foi necesaria a intervención dos equipos de excarceración para a liberación dos ocupantes.

O primeiro sinistro ocorreu ás 4,30 horas no concello ourensán de Cualedro, en concreto no lugar de Lucenza. Alí, un vehículo saíuse da vía e envorcou, o que provocou que o condutor quedase atrapado no interior.

Por iso, o 112 pediu a colaboración dos Bombeiros de Verín, que, coa axuda dos voluntarios de Protección Civil da localidade, excarceraron ao condutor, quen despois foi evacuado polos servizos sanitarios de urxencia.

Ao redor das 20,00 horas do venres, outro accidente con atrapados rexistrouse no concello coruñés de Muros, onde un tractor que circulaba pola estrada de Abelleira ás Paxareiras saíuse da vía e caeu co seu condutor por un desnivel.

Aínda que o home estivo en todo momento consciente, necesitou da axuda dos servizos de emerxencias para poder saír do tractor e ser atendido polos servizos sanitarios de urxencia.

Neste operativo colaboraron os Bombeiros de Cee e os membros do GES de Muros, ademais do 061 e das forzas da orde locais e da Garda Civil.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta