Alerta laranxa por temporal para este domingo nas costas da Coruña e Lugo

Meteogalicia activou o aviso amarelo para a costa de Pontevedra onde están previstas ondas de cinco metros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/12/2018 | Actualizada ás 11:23

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activou a alerta laranxa por un temporal costeiro que comezará este domingo e que afectará o litoral das provincias da Coruña e Lugo.

Temporal en Vigo,frota amarrada, barcos en porto. Europa Press - Archivo
Temporal en Vigo,frota amarrada, barcos en porto. Europa Press - Archivo | Fonte: Europa Press

Segundo datos da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), espérase mar combinado do noroeste, con ondas entre cinco e seis metros, para as primeiras horas da tarde deste domingo.Así mesmo, Meteogalicia activou o aviso amarelo para a costa de Pontevedra, con ondas de catro a cinco metros.

Por iso, o Goberno galego lembra a importancia de manterse apartado da liña de costa, é dicir, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén aconsella extremar as medidas de seguridade para calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. De igual modo, a Xunta recomenda consultar a páxina web do 112, que conta con información metereológica e con ligazóns de interese.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta