Os animais de Bando piden que lles fagamos un sitio nas nosas casas

O refuxio de animais de Bando, perto de Compostela, emite o seu Calendario Benéfico para darlle difusión ao labor que desenvolve este centro con animais abandonados.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2018 | Actualizada ás 12:26

Comparte esta noticia

As fotografías para os dous calendarios do refuxio de animais serán de temática diferente para cada un. As imaxes máis grandes serán unicamente de animais mentres que as pequenas, para un calendario de tamaño sobremesa, aparecerán rostros de personalidades coñecidas con animais. Durante a realización de cada unha das sesións fotográficas tamén se gravaron unha serie de vídeos de concienciación animal. “Con cada sesión de fotos creamos un vídeo promocional para animar á xente que adopte un dos animais do refuxio”. O resultado é que algún dos animais do calendario xa foi adoptado.

Furacán
Furacán | Fonte: SueRainbow

“Polo de agora xa foron adoptados varios animais do refuxio” di a autora dos albums, Sue Rainbow, quen tamén apunta que neste mes de decembro haberá un acto de presentación dos calendarios. “Non hai unha data pechada aínda polo que recomendamos mirar estar atentos ás redes sociais do Refuxio de Bando, @refuxiodebando.

O obxectivo é que durante todo o ano e coa colaboración de varias personalidades e “con xente que teña redes sociais e queiran apoiarnos enviando a súa mensaxe sobre a concienciación animal”. Desta maneira, esperan que o vindeiro ano “o número de animais en adopción sexa moito menor”.

Entres as diferentes caras coñecidas que colaboran este ano co calendario do Refuxio de Bando están Roberto Vilar, Josito Porto, Isi e outras máis, para que a sociedade se conciencie e adopte pero tamén non abandone animais. En tal caso, tamén se pode contactar co refuxio no número 981 57 59 57.

Portada
Portada | Fonte: Sue Rainbow

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta