Leiceaga respecta a marcha de Pachi Vázquez e nega que haxa unha purga no PSdG

"Dáme a impresión de que se marchou voluntariamente", expresou o voceiro parlamentario do PSdG. Considera que as eleccións municipais serán unha boa ocasión para que se produza a "renovación" que "demandan os cidadáns e os partidos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2018 | Actualizada ás 12:39

Comparte esta noticia

O portavoz do grupo parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, expresou "máximo respecto" pola marcha de Pachi Vázquez do partido, unha decisión que, aínda que "drástica", ve "normal" nun contexto que está "abrindo en canle" o escenario político actual.

Leiceaga, portavoz parlamentario do PSdG.
Leiceaga, portavoz parlamentario do PSdG.

Preguntado en rolda de prensa polas palabras de Vázquez que aludían a unha especie de purga no PSOE, Leiceaga subliñou que lle dá a impresión de que "non se está producindo en absoluto". "Dame a impresión de que se marchou voluntariamente", sinalou.

Ademais, valorou que unhas eleccións municipais, como as que se celebrarán en 2019, son un momento adecuado para que se produza unha "renovación por abaixo". "Demándano os cidadáns e demándano os partidos", apuntou.

Por iso, avogou por "non confundir" e agregou que, de feito, o candidato que Pachi Vázquez "apoiaba" para aspirar á alcaldía de Ourense nos próximos comicios é "o que vai ser candidato". "Outra cousa é que el perdeu", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta