Lidia Senra manifesta o seu malestar pola cancelación en Vigo dun acto sobre saúde

A eurodeputada considera un grave delito contra la liberdade de expresión que as presións exercidas “por un medio de comunicación sobre un Concello” obrigasen a suspensión do encontro.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 10/12/2018 | Actualizada ás 15:47

Comparte esta noticia

Nunha nota de prensa emitida desde a súa oficina, a eurodeputada Lidia Senra debulla unha serie de puntos a raíz da cancelación da xornada “Mulleres e Saúde” que ía celebrase no museo Marco de Vigo.

Lidia Senra
Lidia Senra

Así, a nota comeza  “Ao respecto da cancelación da xornada “Mulleres e Saúde” por parte do Concello de Vigo queremos trasladar as seguintes consideracións”. A patir de aquí enumera os diferentes puntos que considera relevantes. O primeiro é que a comunicación da suspensión do acto chegoulle este luns 10 de decembro sobre a unha e vinte da tarde.

A ponencia estaba prevista para o día 15 de decembro. Xa desde un primeiro momento levantou polémica, punto este sobre o que a oficina de prensa de Senra di: “ Consideramos que o feito de que as presións exercidas por un medio de comunicación sobre un Concello deriven en que este obrigue a un museo a cancelar unha xornada informativa sobre saúde e mulleres constitúe unha grave vulneración do dereito á liberdade de expresión impropia dunha democracia”.

Entre os argumentos presentados por sectores contrarios a esta xornada, a nota enviada desde Estrasburgo explica: “É falso que a xornada “Mulleres e Saúde” sexa unha xornada antivacinas. Como indica o seu título, é unha xornada centrada en analizar aspectos referidos especificamente ca saúde das mulleres”.

Sobre as persoas que ían participar tamén no encontro en Vigo explícase que “María Luísa Lores e Carmiña Mosqueira, foron convidadas para falar sobre o tratamento das mulleres; Alicia Capilla para falar da Vacina do Virus do Papiloma Humano e Elena Gil e Iria Piñeiro da violencia obstétrica”.

No comunicado, tamén se enumeran explicacións sobre a suposta oposición contra as vacinas, tema que foi o inicio da polémica sobre a intervención da eurodeputada. Desta maneria aclárase que “Alicia Capilla é unha nai que vacinou á súa filla ca vacina do papiloma. Resulta obvio, polo tanto, que non é unha persoa que estea en contra das vacinas. Foi convidada para explicar a súa experiencia ao respecto”.

Sobre a vacina do papiloma, na nota dise que “só se aplica a mulleres. Ese é o motivo polo cal a palestra foi incluída na xornada “Mulleres e saúde””. Por outra parte, tamén engaden que  “a saúde é cuestión máis importante que existe na vida das persoas. Ese foi o motivo polo que no ano 2016 realizamos as xornadas “A privatización da sanidade na UE” e este ano a xornada “Mulleres e saúde”.”

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Cobrador

Esta señora é unha vergonza como deputada. Está ao nivel de Cañamero.

1 Gamela

No 70 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos o Concello de Vigo dando a nota CENSURA a Liberdade de Expresión ! A campaña contra Lidia Senra está saltando os límites democráticos: o Caudillo de Vigo asume competencias xurídicas e PROHIBE un acto público! Esto é a consecuencia lóxica de confundir "AS LUCES" coa Cidade das Luces !!! https://twitter.com/LidiaSenra