Galicia terá este xoves avisos por forte vento, neve e ondas de até 7 metros

Os refachos de vento serán superiores aos 80 quilómetros por hora.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2018 | Actualizada ás 10:07

Comparte esta noticia

Galicia terá este xoves 13 de decembro avisos de nivel amarelo por vento forte de madrugada e acumulación de neve, así como laranxa por ondas de entre cinco e sete metros.

Avisos para o 13 de decembro en Galicia.. METEOGALICIA
Avisos para o 13 de decembro en Galicia.. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico publicado por Meteogalicia, recollido por Europa Press, durante este xoves espérase temporal no mar por ondas de cinco a sete metros e ventos do oeste de forza 7 no litoral norte.

Así, o aviso amarelo por refachos de vento superiores aos 70-80 quilómetros por hora estará activado até as 3,00 horas deste xoves na Mariña e a montaña de Ourense e de Lugo. Tamén o aviso será amarelo a partir das 6,00 horas na montaña de Lugo e de Ourense por acumulación de neve de máis de cinco centímetros.

En canto á ondada, o aviso terá nivel amarelo até as 6,00 horas no litoral da Coruña e de Pontevedra por ondas de catro a cinco metros, após o que pasará a laranxa por ondas de cinco a sete metros.

Mentres, na Mariña luguesa o aviso será amarelo entre as 6,00 e as 12,00 horas por ondas de catro a cinco metros, após que pasará a laranxa por ondas de cinco a sete metros. Tamén se espera vento no mar, con aviso amarelo gasta as 15,00 horas no litoral da Coruña por vento de compoñente oeste de forza 7 e entre as 6,00 e as 18,00 horas polo mesmo fenómeno meteorolóxico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta