Nace Irmandade Galega, unha asociación estudantil "herdeira do galeguismo histórico"

Esta nova organización presentouse este martes na USC, nun acto no que interviu o político Xosé Luis Barreiro Rivas para analizar o papel do nacionalismo no sistema de partidos galego.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/12/2018 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Este martes 11 de decembro viu a luz unha nova asociación estudantil, Irmandade Galega Universitaria (IGU). Fíxoo nun acto celebrado no salón de actos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais (USC), onde reivindicaron o seu carácter galeguista e o seu compromiso de participar activamente na vida política do país.

Xosé Luis Barreiro Rivas, no acto de presentación de Irmandade Galega Universitaria
Xosé Luis Barreiro Rivas, no acto de presentación de Irmandade Galega Universitaria | Fonte: IGU

O presidente de IGU, Manuel Martínez, definiu esta organiZación como "herdeira do galeguismo histórico e do nacionalismo das Irmandades da Fala e a Xeración Nós". A fío disto, remarcou a "importancia" de centrar o debate político e académico en Galicia e nos problemas que atinxen ao país. "O galeguismo é o mellor antídoto contra os extremismos alleos", afirmou. 

O acto de presentación tamén comprendeu unha conferencia-coloquio a cargo do profesor Xosé Luis Barreiro Rivas, quen fixo un percorrido histórico polo sistema de partidos de Galicia, prestándolle especial atención ao papel do nacionalismo. Afondou en cuestións referidas ao tripartito, ao Pacto dos Tilos ou ás organizacións de Coalición Galega e Partido Nacionalista Galego. A directiva de IGU xa avanzou que nos vindeiros meses haberá máis coloquios deste estilo, con outros convidados.

Ao remate do evento, os membros da asociación expresaron o seu compromiso de ser partícipes activos nas canles de representación estudantil das universidades galegas e na vida cultural e política do país. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Gacx

Outra invención dos nenos das novas xeracións do PP... cheira a ración de lonxe

2 Xavolve

Poñerán máquinas comecartos en cada facultade? Regalarán exemplares da Voz aos alumnos?? Será Barreiro o vicepresidente???

1 Lenín

outra vaca no millo?

1 Varrero

Tal cual.