O Goberno promete 7.000 empregos coa construción de cinco fragatas F-110 en Ferrol

O delegado do Goberno en Galicia avanza que o investimento alcanzará os 4.325 millóns até o ano 2032.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 13/12/2018 | Actualizada ás 15:02

Comparte esta noticia

O Consello de Ministros dará luz verde este venres á orde de construción de cinco fragatas F-110 en Navantia en Ferrol, o que suporá un investimento de 4.325 millóns de euros até 2032 e a xeración de 7.000 empregos, entre directos e indirectos.

Javier Losada contrato fragatas. DELEGACIÓN DEL GOBIERNO
Javier Losada contrato fragatas. DELEGACIÓN DEL GOBIERNO | Fonte: Europa Press

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, anunciou a firma da orde de execución destas fragatas que substituirán a seis da clase 'Santa María', con 35 anos de antigüidade.

"É o mellor agasallo de Reyes que podemos recibir", expuxo o delegado do Goberno, quen precisou que a orde responde o "compromiso de Pedro Sánchez con Galicia".

Losada insistiu tamén que se trata dun proxecto "importante" para a comarca de Ferrol, pero tamén para Galicia "no seu conxunto". Ademais, remarcou que forma parte dun dos alicerces do plan estratéxico de Navantia.

EMPREGOS

En canto aos empregos, explicou que suporá a creación de 1.300 directos, 2.000 da industria auxiliar e 3.500 indirectos, para un total que roldará os 7.000 postos de traballo durante nove anos. "Xerarase un valor engadido directo e indirecto de 5.400 millóns de euros", expuxo.

Mentres, explicou que este venres, unha vez se celebre o Consello de Ministros, coñeceranse "máis detalles" como as partidas orzamentarias que corresponderán a distintos ministerios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta