A Xunta dá luz verde a exames de oposicións para máis de dúas mil prazas para a Administración xeral

Máis de setecentas das prazas serán de promoción interna.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2018 | Actualizada ás 15:58

Comparte esta noticia

O Goberno galego deu luz verde na súa reunión semanal deste xoves á oferta de emprego público que o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, xa avanzara para a Administración xeral da Xunta dentro desde ano 2018.

Oposicións en Galicia
Oposicións en Galicia

Finalmente, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo precisou que se convocan 2.225 prazas para funcionarios de carreira, das que 1.448 son de acceso libre e as 777 restantes, de promoción interna.

Dentro desta convocatoria, o presidente galego remarcou que se aborda o primeiro proceso de funcionarización do persoal laboral no que, se quedan prazas vacantes, poderán pasar a ser de acceso libre. A convocatoria para a Administración xeral, enfatizou, súmase á xa executada do ámbito educativo e á tamén aprobada do área sanitaria da comunidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta