O salario dos galegos segue sendo máis baixo que o do conxunto dos españois

As mulleres seguen cobrando menos que os homes, case 5.000 euros ao ano, a pesar da suba do salario no 2017 un 1,9%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2018 | Actualizada ás 11:32

Comparte esta noticia

Galicia segue moi por debaixo do salario medio do que cobran o resto dos españois, uns 700 euros menos a pesar de que o pasado ano subiu un 1,92% até situarse en 18.463 euros, a cifra máis alta da serie histórica, segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Consumo, prezo, prezos, IPC, supermercado, alimentos, compras, comprar. EUROPA PRESS - Archivo
Consumo, prezo, prezos, IPC, supermercado, alimentos, compras, comprar. EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

Este incremento é superior á media de avance en España (+1,78%). Con todo, a diferenza do salario en Galicia segue máis de 700 euros por baixo do salario medio español (19.172 euros). A brecha de xénero segue patente en Galicia, cunha diferenza de máis 4.000 euros. Os homes cobran 20.554 euros de media, o que supón 4.431 euros por encima dos 16.123 euros das mulleres.

No entanto, no último ano o incremento salarial en Galicia foi superior para as mulleres (+2,49%) que para os homes (+1,76%), polo que a brecha é lixeiramente inferior a 2016. Con todo, aínda que a cifra que reciben homes e mulleres é de media máis elevada en España que na Comunidade galega, a brecha de xénero é mesmo máis acusada no Estado, xa que alcanza os 4.849 euros.

Todo iso, mentres a temporalidade vai en aumento en Galicia desde 2013 até alcanzar o 27%. Aquí tamén ha diferenzas por sexos, pois a taxa é tres puntos superior nas mulleres (28,7%) que nos homes (25,3%).

A CORUÑA, Á CABEZA

Por provincias, A Coruña encabeza en Galicia o salario medio (19.539 euros), seguida de Pontevedra (17.898), Lugo (17.409 euros) e Ourense (17.109 euros). Pola súa banda, a remuneración en 2017 por hora en Galicia foi de 16,7 euros, o que supón a cifra máis elevada da serie histórica e o terceiro ano consecutivo que crece.

Por sectores, a media máis elevada atópase nas entidades financeiras e aseguradoras (33.338 euros), mentres que o máis reducido está no capítulo doutros servizos persoais e de lecer (9.078 euros).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Estadístico

Non é que as mulleres cobren menos por facer o mesmo, como parece que se da a entender. E que se fai a media dos soldos, e sae mais baixa a das mulleres. porque hai mulleres que ocupan empregos peor pagados. E tampouco se di que hai comunidades con salarios mais baixos, coma Canarias, Extremadura ou Andalucía. E certo que en navarra, o País vasco ou Cataluña, os salarios son mais altos, pero tampouco écerto que Galicia está a cola nos salarios. Non hai un salario " en conxunto", porque ese salario é unha media, non o salario real da xente.