Un membro da Comisión de Garantías de En Marea acusa a dirección de "roubar" as primarias

A coordinadora non autorizou a Manuel Nogueira a realizar unha rolda de prensa na sede compostelá do partido instrumental

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2018 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

Manuel Nogueira, membro da Comisión de Garantías de En Marea e aliñado co sector crítico coa dirección, acusou á coordinadora de "roubar" as primarias, paralizadas desde hai 14 días e que, segundo Nogueira, poderían renovarse xa esta fin de semana, algo que non se producirá.

Manuel Nogueira, membro de Comité de Garantías de En Marea
Manuel Nogueira, membro de Comité de Garantías de En Marea | Fonte: Europa Press

Nogueira atendeu aos medios de comunicación ás portas do local de En Marea, xa que a coordinadora non lle permitiu realizar a rolda de prensa no interior do local do partido, localizado no Ensanche compostelán. Fontes da dirección do partido indicaron que non autorizaron a utilización da sede porque non se trataba dun acto dun órgano da organización.

"Esta é a democracia e a igualdade que vén demostrando a coordinadora. Péchanos as urnas e hoxe o local pechado, cando eu soliciteino en tempo e forma. Parece ser que non gusta que se saiba a verdade", asegurou Nogueira, que compareceu ante os medios a título individual.

Segundo este membro da Comisión de Garantías, o comité electoral das primarias de En Marea "segue estando limitado en funcións", unha "situación irregular" da que responsabiliza á coordinadora, á que tamén culpa de manter en suspenso as votacións de maneira voluntaria.

Así, sostén que a empresa encargada das votacións telemáticas (Agora Voting) permanece desde o pasado martes á espera de recibir o visto e prace da dirección do partido para "implementar" as novas medidas de seguridade e realizar os simulacros de votacións.

Nogueira afirma que estes cambios "poderían estar listos nun período de 24 horas", o que permitiría renovar as primarias xa esta fin de semana, como pretendía o comité electoral. Con todo, segundo o seu relato, as votacións permanecen "paralizadas desde o martes". "A todas vistas isto é un secuestro dunhas eleccións, están a impedirnos exercer o noso dereito de voto", engadiu.

Para Nogueira, isto constitúe "unha irregularidade" a pesar de que os seus compañeiros na Comisión de Ética e Garantías —afíns á dirección de Luís Villares— "non o ven así" e defenden a postura da coordinadora.

"Non o entendo porque non temos documentación fehaciente", di o membro díscolo de Garantías, que esgrime que a coordinadora non remitiu as auditorías e os informes técnicos sobre as supostas irregularidades cometidas polo comité electoral á hora de acceder ao censo electoral.

CONVOCATORIA DO CONSELLO DAS MAREAS.

A última hora do pasado xoves, a coordinadora de En Marea anunciou a convocatoria do Consello das Mareas, máximo órgano político da organización, para abordar o vindeiro sábado "unha serie de solucións técnicas" orientadas a "incrementar as garantías" nas votacións e "cumprir" os "requisitos apuntados no seu día pola Comisión de ética e garantías", que motivaron a suspensión dos comicios o pasado 1 de decembro.

Para Nogueira, a convocatoria do Consello das Mareas "é ilegal e está fóra de lugar" porque a coordinadora "extralimítase nas súas funcións". "É ilegal que a coordinadora convoque nada, e moito menos para tratar un tema que lle compete exclusivamente ao comité electoral", mantén Nogueira, que censura que a dirección de En Marea non facilitase ao comité electoral "os medios formais, os medios de comunicación" e a "asesoría legal"

"Garantías xa existían para o comité electoral, que é o único capacitado e lexitimado par convocar unha reunión do Consello das Mareas", reivindica Nogueira, que asegurou que a coordinadora practica "a democracia 0" e está a levar a cabo "un roubo destas eleccións".

Cuestionado sobre a posible data das eleccións internas, apuntou que esa pregunta debe realizarse a Luís Villares ou ao portavoz da coordinadora, Gonzalo Rodríguez. "Que vos dean eles a data e a hora. A este paso é mellor que o digan así", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Me siento segurooooo

Galicia estará segura en mans das Mareas, abofé.

2 Certo e verdadeiro

EU O DIXEN UNHA E MIL VECES!!!! NON ESTOU TOLO SON UN DESES VISIONARIOS UN FUTURISTA E UNHA CASANDRA... agora por favor digan do documental que fixeron sobre o vello -Vieiras, digan si esta xa feito, non pode ser documental ten que ser película tipo RUFUFU, tipo espias de misión imposible... teñen que destribuila o pola xa no YouTube... todos sabemos que meterán o malvado xuiz VILLANIAS, como xefe da marea do podreiro... son xa motivo de vergonza, parece todo xentualla autenticos matons que romperon as urnas foi PUCHEIRAZO... miren das sacas de votos, miren o dos ordenatas de Vallecas ... MIREN O QUE ESTA PASANDO!!!!

1 YOLOdije

"Eu o dixen...", deixo de seguir lendo. Tratade ao noso idoma con respecto, grazas.

1 Lenin

Pero este home foi a algunha reunión do comité de garantías?

1 Bernal Calvo Delaciga

Iso só lle pode interesar a policías villaristas e/ou bloqueiros coma vostede. Pero polo menos, é alguén cun mínimo de dignidade entre tanto infiltrado golpista.