O vento alcanza os 135 km/h e as choivas superan os 120 litros por metro cadrado nalgúns puntos da costa

O concello coruñés de Lousame foi onde se rexistrou unha maior acumulación de precipitacións, con 127'4 por metro cadrado. Viveiro foi unha das localidades que máis sufriu o impacto dos fortes refachos de vento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2018 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

O temporal de vento e choiva que mantén á zona costeira das provincias da Coruña e Lugo en alerta laranxa e a gran parte de Galicia en nivel amarelo deixou este sábado ventos que superaron amplamente os 100 quilómetros por hora en distintas localidades e choivas de máis de 120 litros por metro cadrado.

Temporal Galicia, vento, choiva, mal tempo. EUROPA PRESS - Archivo
Temporal Galicia, vento, choiva, mal tempo. EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

Segundo os datos recollidos por Meteogalicia, os ventos alcanzaron o 135,5 km/h en Penedo do Galo, en Viveiro (Lugo), ás 12.40 horas deste sábado. Tamén se rexistraron en Cedeira valores moi elevados, con até 114,9 km/h ás 08.30 en Punta Candieira, uns datos que non varían moito respecto dos que se alcanzaron en Vimianzo (112,1 km/h); en Xesteiras (Cuntis, Pontevedra), con 110,7 km/h; ou en Lousame (A Coruña), de 103,8 km/h.

Precisamente, esta última localidade, o municipio coruñés de Lousame, foi a que rexistrou a maior precipitación acumulada, con até 127,4 l/m2, seguida de Fornelos de Montes (Pontevedra), con 74,0 l/m2 e Santa Comba (A Coruña), con 68,5 l/m2.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta