Podemos Galicia non ve motivos para paralizar as primarias de En Marea

O Consello do Cidadán acordou nunha reunión esta tarde que os integrantes das listas para as eleccións de maio sexan elixidos a finais de xaneiro ou principios de febreiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2018 | Actualizada ás 20:38

Comparte esta noticia

O Consello Cidadán de Podemos Galicia considera que hai unha "ausencia de xustificación" para paralizar as primarias de En Marea, unha medida decretada o pasado 1 de decembro despois de que a Comisión de Garantías do partido instrumental detectase irregularidades no censo electoral.

A candidatura encabezada polo actual secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino. +PODEMOS
A candidatura encabezada polo actual secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino. +PODEMOS

Segundo expresa a dirección do partido morado tras celebrar unha reunión este sábado en Vigo, o Consello das Mareas trátase dun órgano "en funcións" e ve "de extrema gravidade" e "indignante" a decisión de suspender as primarias.

Podemos Galicia, que apoia a candidatura dos críticos coa dirección de En Marea -xunto a Anova, Esquerda Unida e os alcaldes de Santiago, A Coruña e Ferrol-, acordou que os integrantes das listas para as eleccións municipais de maio se elixan "entre a última semana de xaneiro e a primeira de febreiro". A data concreta darana nas próximas semanas.

Noutra orde de cousas, o Consello Cidadán aprobou celebrar o vindeiro sábado unha xornada formativa na que se abordará a situación de Europa en materias como a inmigración, os efectos do Brexit ou a igualdade de xénero. 

A executiva tamén debateu cuestións "de índole orzamentaria" relativas á contratación de persoal técnico para as áreas de prensa e redes sociais. De igual modo, acordou convidar a participar -con voz pero sen voto- aos deputados galegos e estatais nas súas futuras reunións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Errejons

Ide morrear bandeiras españolas e deixadenos en paz.

1 pidimos

En funcións estará Tone. Enviaronme mensaxe de Podemos para votar en En Marea, pero non houbo votacións así que repasen primeiro de pequerrechiños