Feijóo di que votar polo BNG implica votar polo "independentismo catalán" e vasco

O presidente do PPdG louvou a "xestión" do seu partido en Galicia fronte á "incapacidade" do Goberno central, "sometido" a Podemos e a nacionalistas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/12/2018 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

O presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, advertiu que votar ao BNG nas próximas eleccións municipais e europeas implicará votar "ao independentismo catalán e ao peor dos independentismos vascos", despois de que os nacionalistas galegos ratificasen este sábado a súa alianza con EH Bildu e ERC para os comicios europeos.

Diego Calvo e Feijóo presentan ao candidato do PP en Carballo, Aurelo Núñez. PP
Diego Calvo e Feijóo presentan ao candidato do PP en Carballo, Aurelo Núñez. PP | Fonte: Europa Press

Nun acto este domingo para presentar ao candidato do PP á alcaldía de Carballo (A Coruña), Aurelio Núñez, o tamén presidente da Xunta defendeu a "xestión" dos populares xunto á súa "defensa da Constitución e unha idea de España e de Galicia". "Non se vai atopar noutro partido o que se busca no Partido Popular", manifestou Feijóo.

Neste sentido, o presidente do PPdeG contrapuxo a "estabilidade" de Galicia fronte á "incapacidade para gobernar" do Executivo de Pedro Sánchez, posto que está "sometido ao ditado de Podemos" e "en débeda permanente con nacionalistas e independentistas".

De igual modo, dixo que "tampouco hai goberno naquelas comunidades nas que o socialismo se apoia neses mesmos socios" nin "naqueles concellos onde o nacionalismo e o populismo son os que poñen ou quitan alcaldes". Para el, si que "hai goberno que goberna en Galicia", resolveu Feijóo.

Así, tamén fixo fincapé en que "tanto a Galicia, como aos municipios e aos galegos vénlles mellor un goberno como o do PPdeG ca un desgoberno como o de España". "A maioría dos galegos coincidimos en que canto mellor irían as cousas en España se funcionasen coma en Galicia", abordou.

O PP é, segundo as súas palabras, unha formación "que sabe conectar coa maioría dos galegos, aberta e que sabe sumar a diferentes persoas e pensamentos arredor de obxectivos que son comúns". "Sigamos facendo deste Partido Popular o partido que a xente busca e que espera que sexamos", sentenciou.

AURELIO NÚÑEZ VAI A IR "A POR TODAS"

Así as cousas, Feijóo destacou o "traballo, as ganas e a ilusión" do PP de Carballo, o que "fai que se poida ir a por todas" neste municipio coruñés no que goberna o BNG. Así, valorou que o candidato popular, Aurelio Núñez, "está para escoitar, para falar, pero, sobre todo, para facer".

E é que, para Feijóo, "os veciños de Carballo son o motor de Galicia", así que "o concello non pode seguir gobernando pola inercia, senón que ten que avanzar con pasos firmes". Finalmente, sinalou que "non hai que elixir entre Carballo, Galicia e España", algo que identifica o "nacionalismo" e partidos "que demostran só quererse a si mesmos", fronte ao PP e ao "proxecto "de Aurelio Núñez.

FERRERO "SÓ SERÁ A FOTO DE CARTEL DO BNG"

Na presentación tamén interviu o presidente do PP provincial da Coruña, Diego Calvo, quen destacou a Núñez como un candidato "que sente e quere a Carballo" fronte ao actual alcalde, Evencio Ferrero, que ten "data de caducidade", posto que "só será a foto de cartel do BNG" nas municipais.

E é que este municipio coruñés, precisou Calvo, é unha "prioridade" para os populares: "Aquí, a xente pensa como pensa o Partido Popular, en Carballo a xente pensa como pensa Alberto Núñez Feijóo e como pensa Aurelio Núñez". Afirmou, ademais, que ante a situación que vive España, "cun goberno en mans de populistas e extremistas", o Partido Popular é "máis necesario que nunca".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 Ser

O outro dia fun testigo de como a unha señora que leva anos agardando unha operación a botaron para casa ás portas do quirófano porque non había anestesista. Pois si, eu prefiro BNG-BILDU-ERC antes que iso.

4 anonimo

Eu nin vendo nada, nen fago nada de nada: xa teño dabondo son sobrevivir. Pero o independentismo é algo inxenuo, e mais para un país moi avellentado como Galicia, no que as cotizacións sociais non cubren nen de lonxe o gasto en pensións, e no que a dispersión poboacional dispara os custes de todo. A ruina, con toda seguridade. Galicia non pode manter un exército, ou una rede de embaixadas por o mundo. E Galicia non lle vai vender leite e carne a Angola e Mozambique, precisamente. Saudiños.

3 anonimo

O independentismo é unha fantasía tola e irreal. Un miniestado galego independente, cheo de vellos, é inviable económicamente. A moeda de Galicia, fora do euro, valdría dous patacos. Non é unha opción de futuro, é algo inxenuo e infantil. As pensións en Galicia teñen un déficit de miles de millóns, o mercado de Galicia é España, a economía hoxe está globalizada. O rural eatá valeiro en todas partes. A ninguén lle entusiasma o fabuloso nivel de vida que disfrutan os cubanos ou os Corea do Norte.

1 Delincuency

Se o teu referente é corea do norte ou cuba, problema teu. Non nos poñas enriba cousas que niguén dixo, sé adulto fai favor. sabes o que pasa? Que esa catátrofe que descibes é o que está acontecendo agora: non hai cartos para pensións más aló de 2020, a entrada do euro asasinou as economías do occidente europeo e a súa viabilidade está en xogo agora mesmo, a balanza comercial galega non é só española, aí estás equivocado (coma en case todo) e o de mini estado é unha apreciación que nin vale a pena comentar. Se pensas que o independentismo é poñer unha fornteira e que quedemos aí, pois é problema teu. Non nos podemos seguir permitindo a vosa tolería dun española, xa non tendes dereito a seguir malvendendo esa terra.

2 Clangorajoy

Pois votar PP é votar ao amigo "entrañable" dun coñecido narco, habitante dun armario pero "arrimado" para despistar hipocritamente á parroquia pepeira, que ía ao Vaticano coa outra "querida", que paga a asesoras que piden retirar o tratamente aos doentes de cancro e hepatite para aforrar cartos, que chora por non poder ir a Madrid, que se pasa a constitución polo arco de triunfo todos os días, que rebaixa a Galicia ao nivel dunha rexión-colonia de 3ª, que asasina á lingua galega, etc, etc, etc... Votarei encantado ao BNG-ERC-EH BILDU por todo o que significa sacar a estes psicópatas da Xunta canto antes.

1 Antón

Fuiches ao psiquiatra? Non sería unha mala idea.

2 Clangorajoy

A miña sogra vai (levámola nós: os recortes no transporte público do teu amado lider non permiten outro xeito de acompañala) ao psiquiatra. Imos pola privada: a "pública" está hipersaturada e ela xa case non rexe e nós non temos tempo que perder: meses e meses entre consulta e consulta... e pra vela 10 minutos e para casa...). A miña muller coida dela na nosa casa sen axudas da túa Junta Gallega. Espero que non teñas un problema serio de saúde na familia: co teu PPodre no poder se non tes cartos estarás perdido. Sorte, figura...

1 Delincuency

E votar polo pepé de feijóo é votar pola gestapo de fernández díaz, polo único partido de europa condenado por corrupción, polo partido de bankia, polo partido que arruinou as finanzas galegas, polo partido que nos quita os médicos, polo partido que baleirou o rural. Diante de Feijóo, o independentismo é a única saída digna e de futuro.