Outro ferido nas obras do AVE en Ourense

Un operario foi evacuado logo de sufrir unha caída nas obras do tramo de Vilar de Barrio.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 17/12/2018 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

Un operario resultou ferido nun accidente laboral rexistrado na mañá deste luns ao sufrir unha caída nas obras do AVE no termo municipal de Vilar de Barrio (Ourense).

Ponte do AVE
Ponte do AVE | Fonte: adif

Segundo informou o 112 Galicia, o operario sufriu unha caída mentres traballaba nas obras do AVE que se executan na estación de Alberguería, en Vilar de Barrio.

Foi un compañeiro quen pouco antes das 9,00 horas deste luns alertou do suceso a través do 112 Galicia. Segundo indicou, o home sangraba e perdía a consciencia. Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos profesionais sanitarios, así como a axentes da Guardia Civil e a voluntarios de Protección Civil da localidade.

Cando lograron estabilizalo, o ferido foi evacuado polo equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia ao Hospital de Verín, indicaron as mesmas fontes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta