Morreu o gran pallaso de Galicia

Outono, o último espectáculo no que participou "Manu Malabaranda", foi unha homenaxe a quen foi un dos grandes artistas circenses do país.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 17/12/2018 | Actualizada ás 10:07

Comparte esta noticia

Manu Lago García, “Manu Malabaranda”, clown e malabarista, artista, compoñente de Pista Catro, faleceu este domingo despois dunha longa loita coa enfermidade, tal e como informan desde a Web erreguete.gal, a revista galega de teatro.

Manu Lago era malabarista, clown e músico. Licenciado en Circo pola escola Circus Space de Londres e formado en teatro pola escola Espacio Aberto, tiña, ademais, unha permanente arela de mellora que o levou a estudar con numerosos e recoñecidos profesionais como Álex Navarro, Eric de Bont, Mick Barnfather, Sean Gandini ou Luke Wilson. Fundou a compañía Malabaranda para logo converterse nun dos socios fundadores de Pistacatro, compañía coa que se fixo célebre con espectáculos como Kamikaze, Purgatorio, Desperta! A súa carreira levouno a xirar frecuentemente por Galicia, España, Portugal, Gran Bretaña, Francia ou Holanda.

Outono, o último espectáculo no que participou activamente, era unha homenaxe poética aos pallasos clásicos que, dalgunha maneira, tamén se converteu nunha homenaxe ao desaparecido Lago.

"Manu Lago era un dos artistas de circo máis capaces de Galicia, onde era considerado por todxs xs compañeirxs coma un referente, tanto pola súa habelencia como malabarista como pola súa mordacidade como pallaso para adultos e a súa tenrura cando actuaba para cativos e cativas", apuntan desde a revista galega de teatro.

Manu Lago García, “Manu Malabaranda”, clown e malabarista, artista, compoñente de Pista Catro
Manu Lago García, “Manu Malabaranda”, clown e malabarista, artista, compoñente de Pista Catro | Fonte: erreguete.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 KdL

Até sempre meu amigo!