Actualizan as imaxes da Guerra Civil de Castelao

Galaxia publica en edición facsimilar os Álbums de Guerra de Castelao.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 17/12/2018 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Os tres álbums publicados por Castelao durante a Guerra Civil chegan estes días ás librarías grazas a unha iniciativa da Editorial Galaxia coa que quere pechar o seu ano literario. A recuperación deste capítulo fundamental da obra gráfica do autor rianxeiro realízase ademais nesta ocasión, e por primeira vez, partindo das láminas orixinais que se conservan no Museo Provincial de Pontevedra.

Tamén, e a diferenza doutras edicións previas, desta volta Galaxia publicará os tres álbums por separado e mantendo as características orixinais dos seus formatos. Deste xeito, cada un dos cadernos conseva as medidas, calidades e tonalidades elixidas no seu día polo autor para saíren do prelo, aproximándose o máximo posible ás edicións revisadas por Castelao.

Os álbums de guerra, publicados entre 1937 e 1938, conteñen as estampas debuxadas para denunciar a barbarie do bando fascista durante a Guerra Civil. Galicia mártir, Atila en Galicia e Milicianos son os títulos destes tres cadernos onde o Castelao humorista e retranqueiro, mesmo cando se trataba de facer denuncia social, deixa paso aquí a un Castelao que quere ser cronista do seu tempo inmortalizando nun berro desesperado a masacre fascista.

Debuxos da Guerra de Castelao no álbum Galiza Mártir
Debuxos da Guerra de Castelao no álbum Galiza Mártir | Fonte: Museo de Pontevedra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta