Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 17/12/2018 | Actualizada ás 13:17
Un home atracou este luns unha sucursal bancaria situada na rúa Juan Flórez da Coruña, segundo confirmou a Europa Press a Policía Nacional.
O atraco produciuse no transcurso da mañá cando un home accedeu á entidade cunha arma, da que, por agora, se descoñoce se era "real ou simulada", precisaron as mesmas fontes.
Respecto da contía subtraída, a Policía Nacional informou que a cantidade de diñeiro que levou aínda está "por determinar". Ao lugar, desprazáronse efectivos policiais para investigar os feitos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.