O conflito na sanidade pública centra o debate dos orzamentos

A oposición recrimínalle que priorice as políticas sanitarias. O PP di que xa "rectificou" no caso de pediatría.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2018 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

A situación da sanidade pública galega centra o debate dos orzamentos da Xunta para 2019 este martes no pleno do Parlamento, onde a oposición (En Marea, PSdeG e BNG) esixiu ao PP "rectificar" nunhas políticas que, ao seu xuízo, levan ao "caos" organizativo neste ámbito.

Veciños de Mondariz protestan para esixir a Sanidade un pediatra. PLATAFORMA POLA DEFENSA DO SERVIZO DE PEDIATRÍA EN
Veciños de Mondariz protestan para esixir a Sanidade un pediatra. PLATAFORMA POLA DEFENSA DO SERVIZO DE PEDIATRÍA EN

Pola súa banda, os populares reivindicaron a rectificación no caso concreto da pediatría: "Nós escoitamos, razoamos e cando algo nos parece razoable incorporámolo ás nosas emendas".

Tras a aprobación durante a tramitación previa do proxecto de lei de sete emendas do PP, catro do PSOE e outras dúas transaccionadas (unha cos socialistas e outra con En Marea), e despois da retirada dunha do PSdeG, mantivéronse para este pleno 1.427.

En concreto, son 431 de En Marea (51 ao articulado e 380 ao estado numérico dos orzamentos), 619 do PSdeG (73 ao articulado e 546 ao estado numérico) e 377 do BNG (35 ao articulado e 377 ao estado numérico).

Despois da presentación do ditame e o debate do estado de gastos e o articulado, produciranse as votacións, a última hora da mañá. Xa pola tarde está previsto que os grupos aborden a coñecida como lei de acompañamento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta