Ciudadanos vota en contra do traspaso da AP-9 á Xunta

En Marea, co apoio do Grupo Mixto, solicitou que a proposición de lei fose tramitada polo procedemento exprés.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 18/12/2018 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

A Mesa do Congreso acordou este martes tramitar polo procedemento de urxencia e en lectura única a proposición de lei do Parlamento galego para traspasar á Xunta a autoestrada de peaxe AP-9, pero non foi por unanimidade, xa que Ciudadanos votou en contra.

Autoestrada AP-9, Audasa, grupo Itínere. ITÍNERE
Autoestrada AP-9, Audasa, grupo Itínere. ITÍNERE

Esta iniciativa, que foi aprobada por unanimidade en Galicia, foi tomada en consideración polo Pleno do Congreso a pasada semana co único voto en contra de Ciudadanos, que a considera un "agasallo electoralista".

En Marea, co apoio do Grupo Mixto, solicitou que a proposición de lei fose tramitada polo procedemento exprés, unha petición que se debateu no órgano de goberno da Cámara Baixa e que foi aceptada, segundo indicaron a Europa Press fontes parlamentarias.

O procedemento de urxencia supón acurtar á metade os prazos de emendas, mentres que a lectura única supón liquidar todos os trámites parlamentarios (relatorio, comisión e Pleno) nunha semana, e todo en sesión plenaria. Ciudadanos votou en contra alegando esta vía exprés está a xeralizarse en exceso.

Así as cousas, a tramitación parlamentaria do traspaso da AP-9 poderíase resolver en febreiro ou marzo, a condición de que non haxa dilacións por prórrogas do prazo de presentación de emendas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 kRun

Normal, Ciudadanos é um dos partidos que reclamam a centralização, o estado uniforme, um só estado, uma soa língua, uma soa nação, e para isso Galiza tem que desaparecer como povo.