O alcalde do Pino descualifica o informe de impacto da mina de Touro sobre o Camiño de Santiago

Para a Plataforma Veciñal Mina O Pino-Touro Non, o rexedor Manuel Taboada “demostra non ter lido o informe técnico de ICOMOS e táchao de pataleta do organismo asesor da UNESCO”.

Por Galicia Confidencial | O Pino-Touro | 19/12/2018 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

O último pleno ordinario do ano no Concello do Pino celebrouse este mércores. Os grupos da oposición, PSOE e BNG, presentaron conxuntamente unha moción solicitando a presentación de novas alegacións ao proxecto mineiro de cobre a ceo aberto. Todo “logo de coñecer os novos informes e documentos presentados pola promotora e o informe do ICOMOS sobre a afección da mina ó Camiño de Santiago como patrimonio mundial da UNESCO”.

Público no pleno do Pino
Público no pleno do Pino | Fonte: Plataforma Mina Non

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, informaba que a Xunta non remitira nova documentación ó concello. Mais unha vez recibida, estudiaríase e faríanse as achegas pertinentes. Non obstante, respecto ó recente informe técnico do Comité Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS), o rexedor demostrou o seu total descoñecemento do mesmo.

Taboada mesmo argumentou que “parece que ICOMOS vén cunha pataleta, dicindo agora o que non dixo antes”.  Segundo a Plataforma Veciñal, referíase a que “no pasado este organismo manifestara que non era preciso ampliar a zona de respecto do Camiño”.

A mesma Plataforma considera “que desde a Corporación Municipal nada se vai facer por protexer este ben patrimonio da humanidade que é, ademáis, parte fundamental do tecido socioeconómico do municipio”.

Pódese descargar aquí o informe completo de ICOMOS España:

https://drive.google.com/file/d/1kNK9xqtyswM68KvU9ogiPnQJTc9-vp2z/view?fbclid=IwAR0YgEok42xSvmw_8bIMthfoB73_weUxvGckJDiCP0FkaaMedhie0UaRiY

Aquí pódese ver o video no que Taboada di que o informe do ICOMOS é unha pataleta:

Por outra banda “o alcalde do Pino manifestou non ter recibido aínda a nova documentación de resposta de Cobre San Rafael ás alegacións particulares e ós informes técnicos solicitados pola Xunta de Galicia”. Aínda así, varios membros da Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino NON xa fixeron entrega este martes pasado as súas alegacións no Rexistro Xeral da Xunta, “posto que a información aportada pola empresa evidencia que o proxecto non sufríu ningún cambio substantivo, e seguen sin aportar toda a documentación requerida pola Administración”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta