Chega o inverno, crecen os días e veremos unha eclipse total de Lúa

A estación máis fría e curta do ano comezará ás 23:23 horas do venres 21.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 19/12/2018 | Actualizada ás 17:54

Comparte esta noticia

O inverno comezará ás 23:23 horas do venres 21 dará comezo o inverno boreal, que se prolongará ata o 20 de marzo ás 22: 58 horas. A eclipse total de Lúa da madrugada do 21 de xaneiro será, sen dúbida, o fenómeno astronómico máis salientable da estación que agora comeza. O primeiro contacto coa sombra terá lugar ás 4:34 horas, e o último ás 7:50. 

Aldea da Degrada, nos Ancares
Aldea da Degrada, nos Ancares | Fonte: Miguel Núñez.

No hemisferio norte esta é a estación máis curta, con 88,99 días fronte aos 89,85 do outono, 92,75 da primavera e os 93,66 do verán. O inicio do inverno coincide co paso do Sol polo punto Capricornio da Eclíptica ou Solsticio de decembro, producíndose nese intre a mínima declinación solar (-23º4 con respecto ao Ecuador Celeste) que ten como consecuencia que teñamos o día máis curto do ano cunha duración de pouco máis de 9 horas. Porén, as tardes xa comezaron a medrar dende o pasado día 7, mentres que as mañás seguirán minguando ata Reis. Isto débese a que a hora oficial está baseada no chamado Sol medio e non no Sol verdadeiro.

A Terra pasará o 3 de xaneiro polo perixeo, mínima distancia ao Sol (147.097.887 Km), e ao día seguinte terá lugar o máximo da choiva de estrelas Cuadrántidas. Así mesmo, a comezos de ano aínda vai ser visible con prismáticos o cometa 46P/Wirtanen, preto da constelación de Auriga.

Por outra banda, Mercurio vai estar en boas condicións de poder ser observado a simple vista logo do solpor a finais de febreiro, “e haberá interesantes aliñacións da Lúa con planetas nos amenceres dos primeiros días de xaneiro, febreiro e marzo”, informa o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela, José Ángel Docobo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta