Excarcerada unha muller após un accidente múltiple no Porriño

O sinistro tivo lugar na tarde deste mércores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2018 | Actualizada ás 10:31

Comparte esta noticia

Unha muller resultou ferida e tivo que ser excarcerada após verse involucrada nun accidente múltiple no Porriño (Pontevedra), onde chocaron tres coches.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Segundo informa o 112, os bombeiros do Baixo Miño rescatárona ao quedar atrapada no interior dun dos vehículos accidentados. Ocorreu no polígono industrial da Granxa, ao fío das 16,40 horas.

Un particular contactou co 112 para alertar do sinistro e acto seguido foron avisados os bombeiros do Porriño, os de Vigo, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e Protección Civil. A muller foi trasladada polos efectivos sanitarios de urxencias até o centro hospitalario de referencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta