Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 20/12/2018 | Actualizada ás 15:38
A Garda Civil localizou no Concello de Piñor de Cea (Ourense) o corpo sen vida de Fernando Iglesias Espiñeiro, o preso fuxido do cárcere ourensán de Pereiro de Aguiar o pasado mes de agosto.
Segundo informaron fontes da Benemérita, varios axentes acudiron ao lugar. Dúas persoas foron detidas en relación á morte do fuxitivo. Gozaba dun permiso de fin de semana e, como non regresou o día 13 de agosto da as 17,00 horas, saltaron as alarmas.
O home atopábase na recta final da súa condena de 25 anos. Iniciouna o 19 de outubro de 1996 e estaba previsto o final do seu encarceramento o 9 de outubro de 2021. Decretouse o segredo de sumario das actuacións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.