A Policía Local de Rianxo volve con outra impactante campaña de Nadal

Por Galicia Confidencial | Rianco | 21/12/2018 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

Rianxo pasou ao centro do foco das redes sociais en Nadal de 2017 pola durísima campaña que puxera en marcha a Policía Local desta vila. "Bebiches? Ti decides quen che leva" foi o título dun dos vídeos máis comentados e compartidos en Facebook hai agora un ano. En total, o vídeo tivo preto de 150.000 reproducións.

Campaña 'Bebiches? Ti decides quen che leva', da Policía Local de Rianxo.
Campaña 'Bebiches? Ti decides quen che leva', da Policía Local de Rianxo.

Agora, a Policía Local aposta pola mesma campaña, pero "menos agresiva, sen feridos, sangue nin defuntos", na que lemba o impacto daqueloutro vídeo e destaca a importancia de facer un uso axeitado do coche.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta