Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2018 | Actualizada ás 18:15
Salvamento Marítimo renovou durante as primeiras horas da tarde deste sábado as tarefas de busca por terra e aire do mariñeiro desaparecido do barco 'Sin Querer Dos', que naufragou o pasado mércores a 4,5 millas ao sur de Fisterra (A Coruña).
Segundo informan fontes de Salvamento Marítimo, a falta de visibilidade non permitiu buscar a Guillermo Casais durante as primeiras horas da mañá, tal e como se tiña programado. No entanto, finalmente si que saíron un helicóptero 'Cuco' da Garda Civil.
Xa pola tarde, Salvamento Marítimo reiniciou estes labores de procura o helicóptero 'Sasemar-102', mentres que Protección Civil fai o propio por terra, de momento sen resultados.
No naufraxio deste pesqueiro faleceron tres tripulantes e outro seis lograron ser rescatados con vida. Poucas horas despois deste accidente, cuxa investigación apunta a dous golpes de mar como causantes, produciuse outra traxedia tamén na costa coruñesa, neste caso no propio porto de Malpica, onde o envorco do 'Silvosa' se saldou coa morte do patrón, José Ángel Sanjurjo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.