Vídeo: así foi o rescate dun can e do seu dono, que se lanzou ao mar para salvar o animal

Ambos os dous foran arrastrados pola corrente desde o lugar de Paredes, en Vilaboa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/12/2018 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Unha persoa foi rescatada na tarde de martes polo helicóptero Pesca I despois de lanzarse á auga para socorrer un can en Vilaboa (Pontevedra).

Rescate dos Gardacostas de Galicia.
Rescate dos Gardacostas de Galicia.

Segundo o 112, tanto esta persoa como o animal foron arrastrados pola corrente desde o lugar de Paredes, en Vilaboa, ata que conseguiron resgardarse nun illote, pero a subida da marea púxoos en perigo.

A alerta dun veciño que viu desde as Salinas de Ulló como alguén se tiraba sobre as 17,00 horas á auga permitiu iniciar o operativo de rescate encabezado por Salvamento Marítimo, en colaboración con Gardacostas de Galicia.

Despois de ser rescatados, tanto a persoa como o animal foron evacuados até o hospital Álvaro Cunqueiro, de Vigo. Protección Civil de Vilaboa e Garda Civil colaboraron nas tarefas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta